Os datos aos que ten acceso a través do "Corpus Paralelo Alemán /Español, PaGeS" (en diante PaGeS) sólo poden ser empregados para fins puramente científicos ou privados. O uso comercial de calquera tipo está prohibido. Esta prohibición de uso comercial inclúe, en particular, o tratamento dos datos co fin de utilizalos comercialmente por Vd. ou por terceiros.
Os datos facilitados por PaGeS con fins de investigación non poden ser publicados no seu conxunto nin directa nin indirectamente, nin poden ser difundidos ou distribuidos en ningún medio. Fragmentos obtidos a través de PaGeS que superen o tamaño dunha palabra clave co seu contexto -tal e como son ofrecidos nos resultados- non podrán ser arquivados permanentemente nin en formato impreso nin electrónico.
Debido ás restriccións impostas polos dereitos de autor, PaGeS pide aos seus usuarios que se rexistren a través dun formulario electrónico no que se ten que dar un consentimento electrónico explícito a estas condiciós de uso. Pódese solicitar a autenticación e a aprobación das condicións de uso para cada sesión. Os usuarios non rexistrados únicamente teñen acceso aos 10 primeiros resultados da búsqueda e non poderán descargalos.
Ao rexistrarse, o usuario da o seu consentimento ao almacenamento e procesamento dos seus datos de rexistro de acordo coa lexislación española sobre protección de datos. Estes datos facilítanse únicamente para a identificación dun uso indebido. Queda excluida cualquera difusión dos datos de rexistro a terceiros. En cualquera momento pode esixir darse de baixa do rexistro, enviando un correo-e a PaGeS.
PaGeS non garantiza nin a integridade nin a exactitude dos contidos do corpus nin a continua accesibilidade da aplicación de Internet.
PaGeS tampouco asume ningunha responsabilidade polo uso dos datos do corpus pola parte dos usuarios.
PaGeS resérvase o dereito de modificar ou complementar a información ou os datos proporcionados en cualquera momento sen previo aviso.
Cando empregue PaGeS no seu traballo, por favor indíqueo.